Quixera transmitir a miña mais sincera noraboa a todolos compoñentes da mellor banda de Galicia. É dificil preparar un concurso con tanta rivalidade coma o provincial (todos sabemos as boas bandas que hai na nosa provincia) pero mais dificil é gañalo e para rematar de demostralo é dificil preparar outro concurso esta vez autónomico pero inda máis dificil é volver a gañalo, e todo isto fixoo dunha maneria moi fermosa, sinxela e traballada a nosa banda da Golada.
Tedes unha boa banda que deberiades intentar manter unida moito tempo, inda que moitos sabemos que é moi dificil conseguilo e que hai xente dentro e fora que non vos apoia demasiado e que o traballo sempre o fan os mesmos, pero bueno polo menos os que o fan fano moi pero que moi ben... ¡¡¡¡¡Non vos cansedes chavales!!!! (non poño nomes pero xa se sabe de sobra quenes son estes rapaces "currantes")
Animo e a seguir pa diante con mais triunfos...
Por certo é haber se en breve nos vemos inagurando o Auditorio, que parece incrible que a mellor banda da provincia e de Galicia estea sen auditorio (cousas da nosa vidiña)
Un saúdo dende Vigo.


