Blogs

CAMPIÓNS no Certame Zonal de Bandas!!

Bueno pois outra vez repetiuse a nosa victoria no II Concurso Zonal de Bands sde Música que organiza a Deputación de Pontevedra. A Banda de Agolada logrou impoñerse na Sección Segunda deste certame cas obras, "Pontus Veteris" de Ángel Antonio Montes Abalde e "Fantasía en Do" de Daviz Fiúza Souto. Aquí tedes a noticia do xornal Faro de Vigo. http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031500_19_306227...

Vídeos de Santiago en Youtube

Bueno a Federación despois de máis de 3 meses colgou os vídeos do Certame de Santiago. Podedelos ver nesta páxina. (tédelos que buscar que están desordenados)

http://www.youtube.com/profile?user=FGdeBMP&view=videos

A ver se vos gustan saímos moi guapos jaja

Campións en Santiago

A Banda de Música Municipal de Agolada logrou ser a gañadora da Sección Segunda no II Certame Galego de Bandas de Música Populares celebrado o día 22 de Novembro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Velaquí tedes os resultados.

-Con 55,6 puntos, o cuarto posto foi para a Banda de Música Cultural de Teo.
-En terceiro lugar, con 61,4 puntos, a Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón.
-En segundo lugar a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, cun total de 64,6 puntos.

Gañadores do Certame de Pontevedra!!!

Certamen

O día 4 de Outubro a Banda de Música Municipal de Agolada logrou ser a gañadora no Certame da Exma. Deputación de Pontevedra na Sección Segunda, modalidade de 45 a 60 compoñentes, seguida pola Banda Xuvenil de Xinzo e a Banda da Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia.

As Fotos da Grabación do CD

Banda

Xa pasou algún tempo pero bueno... mellor tarde que nunca. Xa están postas as fotos da grabación do noso CD no Auditorio de Vilagarcía. Esta grabación xa foi en febreiro pero presentámolo aínda na festa do socio deste ano.
Aquí tedes unha das fotos do CD que tamén esta dispoñible mna súa correspondente galería

Foto da banda en 1993

Non choveu nin nada. Esta foto, enviada por Marcos (Camba para os amigos), é da festa de
San Antonio do ano 1993. Debe ser unha das primeiras que existe como Banda Municipal
de Agolada.

 

 

Esta foto tamén está incluida na Galeria de imaxes, no apartado de Fotos Antigas.

Fotos da festa do socio 2007

Pois como o título indica, foron engadidas no apartado "Galería de imaxes" as fotos da Festa do socio.
Un pouco tarde ........... pero como di o refraneiro popular "máis vale tarde ca nunca".

Tamén foron engadidas algunhas fotos antigas, de cando Xosé Luis dirixía a banda.

Recolección de fotos banda

Todo aquel que posúa fotos da banda: concertos, excursións, actos, etc ... pódeas enviar por correo a info@bandadeagolada.com para poder publicalas na web.

Powered by Drupal - Design by jcarlos